Mundo poliédrico
Superemos o dogmatismo e o esquematismo. O piar de calquera cambio social revolucionario é o coñecemento. Para transformar o mundo hai que tomar posición por coñecelo en profundidade, ter unha visión poliédrica dos saberes humanos, das ciencias, das artes, das sociedades e dos seus legados, das culturas oficiais e das contraculturas populares, das virtudes e das debilidades que nos guían no noso día a día. Palpemos, afondemos e expandamos a alma humana a través do saber.